viernes, 24 de febrero de 2017

Hoy Carlos Baute estará en Luar de Tv Galicia

Público, músicos e un Gayoso con disfrace sorpresa celebran o entroido en 'Luar'


 O musical contará cun concurso de comparsas, renderá homenaxe a Rosalía e subirá ao escenario a Carlos Baute e á filla de Marisol, Celia Flores

 Santiago, 24.02.2017.-  'Luar' celebra esta noite o Entroido por todo o alto, nun programa en que todos os participantes irán disfrazados, empezando polo presentador. Xosé Ramón Gayoso ten escollido personaxes literarios coma Castelao ou máis lúdicos coma os Pitufos para celebrar o Carnaval. Esta noite, sorprenderá de novo os espectadores da canle pública co seu disfrace. Ademais, o musical celebrará un concurso de comparsas, en que o gañador recibirá un premio de 1.000 euros. Doce grupos desfilarán en directo, acompañados de música, para que o xurado escolla os mellores.

O Entroido do 'Luar' estará acompañado, coma cada venres, pola mellor música. Esta noite o programa recibe o internacional Carlos Baute, que trae un dous dos seus últimos sinxelos 'Ando buscando' e 'Amor y dolor', tema que estreou xunto ao dúo portorriqueño de reggaeton Alexis y Fido. Tamén subirá ao escenario Celia Flores, filla da que fora nena prodixio e icona musical dos anos 60 e 70, Marisol. Interpretará temas que popularizara a súa nai Pepa Flores, como 'Chiquitita' ou 'Tómbola'.

Os famosos pandeireteiros galegos Radio Cos poñerán música ao emblemático poema de Rosalía de Castro, 'Adiós ríos, adiós fontes', no día en que se celebra o 180 aniversario do nacemento da escritora, á que os medios públicos homenaxearon durante esta semana con distintos programas especiais.

O 'Luar' contará así mesmo coa Coral Polifónica Centro Artístico Sportivo, a Requinta de Xián, a agrupación Faltriqueira e a orquestra La Fórmula. Ademais, os espectadores poderán gozar coas seccións habituais, como os 'Trucos de Barrio', con Rocío Barrio, ou o concurso 'Recantos', en que hoxe se enfrontan Christian Pensado, pola Costa da Morte, que interpretará 'Se nos deixan', e Ruth Cundíns, de 'Terras de Compostela', que cantará 'Torre de area'.

Nota en Tv Galicia : http://www.crtvg.es/crtvg/noticias-corporativas/publico-musicos-e-un-gayoso-con-disfrace-sorpresa-celebran-hoxe-o-entroido-en-luar

carlosbautetodo.com 

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada